VC CoidadosServizos de Atención Domiciliaria

Servizos

Alzheimer, Parkinson e outras situacións

Temos experiencia en coidar persoas con Alzheimer e outras demencias, Parkinson, persoas que pasaron un ictus e persoas que pasan moito tempo na cama. Cada situación pide un xeito de coidar distinto, e a casa é o mellor sitio para facelo.

Alzheimer e outras demencias

As persoas con demencia séntense máis seguras cando o día ten unha orde e as caras son coñecidas. Por iso vai sempre a mesma coidadora e coidamos as rutinas.

Parkinson

O Parkinson adoita afectar á marcha, ao equilibrio e, co tempo, á memoria. Axudamos a que a persoa siga movéndose con seguridade e mantendo a súa autonomía o máis posible.

Despois dun ictus

Despois dun ictus a vida diaria pode cambiar de golpe. Acompañamos á persoa e á familia nas tarefas de cada día e nas citas, e axudamos a manter na casa o que se traballa cos profesionais que a atenden.

Persoas que pasan moito tempo na cama

Cando unha persoa pasa moitas horas na cama ou sentada, os cambios de postura, o aseo e o coidado da pel son fundamentais para que estea cómoda.

Tamén coidamos de quen coida

Coidar dunha persoa con demencia ou moi dependente desgasta. Contar con axuda uns días á semana permite á familia descansar e seguir coidando mellor.

Temos formación en mobilizacións, primeiros auxilios e demencias, entre moitos outros cursos.

Queres ideas para o día a día? Le os nosos consellos para coidar na casa →