Quen somos
Unha empresa de Caldas de Reis
En VC Coidados ofrecemos atención domiciliaria próxima, humana e profesional. Cremos que a maioría das persoas queren seguir na súa casa, coas súas cousas e a súa xente, e traballamos para que poidan facelo con seguridade.
Por que naceu VC Coidados
Despois de moitos anos traballando en residencias de maiores, convencémonos de que se pode dar unha atención de maior calidade, máis próxima e individualizada, na propia casa de cada persoa. Así naceu VC Coidados.
A nosa experiencia
Temos máis de 20 anos de experiencia en residencias de maiores e fixemos cursos de todo tipo, entre eles de mobilizacións, primeiros auxilios e demencias. Levamos ese oficio á casa de cada persoa usuaria, adaptándonos ao seu ritmo, aos seus costumes e ao que a familia necesita.
Coidamos con respecto, paciencia e cariño, coma se fose da nosa familia.

Os nosos compromisos
- Respectar a dignidade, a intimidade e a autonomía de cada persoa.
- Informar con claridade dos servizos e das condicións.
- Atender a todas as persoas sen ningunha discriminación.
- Gardar a máxima confidencialidade sobre a persoa e a súa familia.
- Ter unha persoa responsable que coordina o servizo e fala coa familia.
Contamos con seguro de responsabilidade civil profesional. A nosa oficina está na Avenida de Pedro Mateo Sagasta, 17, en Caldas de Reis.
