Como traballamos
Da primeira chamada ao primeiro día de servizo
Queremos que saibas dende o principio como imos traballar contigo e coa túa familia.
Chámanos ou déixanos o teu móbil
Chamámoste en menos de 24 horas, calquera día, e escoitamos que necesitas.
Visita inicial gratuíta
A responsable asistencial vai á casa. Durante unha hora coñece á persoa e mira como é a vivenda para poder coidar con seguridade.
Presuposto
Dámosche un presuposto claro e sen compromiso.
Plan de atención
Acordamos coa persoa e a familia un plan individualizado: tarefas, horarios e obxectivos. Podedes participar nel e revisalo cando faga falta.
Contrato e comezo
Asinamos o contrato coa duración e as condicións acordadas, e comezamos en menos de 24 horas.
Durante o servizo
- Vai sempre a mesma coidadora. Se algún día hai que cambiala, avisámoste por teléfono o antes posible.
- A responsable asistencial está en contacto coa familia, en persoa ou por teléfono, para contarvos como vai todo.
- Os cambios de horario avísanse con tempo.
- Todo o persoal asina un compromiso de confidencialidade: o que pasa na túa casa queda na túa casa.
Pagamento
Podes pagar como che sexa máis cómodo: domiciliación bancaria, transferencia, Bizum, tarxeta ou efectivo.
Se hai que parar ou rematar
- Para rematar o servizo abonda con avisar con 15 días de antelación.
- Se a persoa ingresa no hospital, o servizo pódese suspender sen penalización ata tres meses.
- Se tes unha queixa ou unha suxestión, respondémosche nun prazo máximo de 15 días hábiles.
Na casa
Para coidar ben, pedimos só que haxa na casa o material de aseo da persoa (xabón, esponxas e o que use habitualmente) e que poidamos entrar á hora acordada.
Contamos con seguro de responsabilidade civil profesional.
