Servizos
Axuda no día a día, na túa casa
Acompañamos e apoiamos a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade física, intelectual ou sensorial para que poidan seguir na súa casa, coas súas cousas e a súa xente, con seguridade e coa maior autonomía posible.
Coidado persoal
Axudamos no máis íntimo do día a día con respecto, paciencia e sen présas, adaptándonos aos costumes de cada persoa.
- Hixiene e aseo persoal: ducha, aseo na cama e coidado persoal, respectando sempre a intimidade.
- Levantarse, vestirse e comer, ao ritmo de cada persoa.
- Mobilizacións: axuda para erguerse, cambiar de postura e moverse pola casa con seguridade.
- Recordatorio da medicación: lembramos e supervisamos que se tome a medicación pautada polo seu médico.
Compañía e estimulación
A soidade tamén pesa. Pasamos tempo de calidade coa persoa e axudámola a manter activos a mente e o corpo.
- Compañía e conversa na casa, para que ninguén pase o día só.
- Paseos, cando a persoa pode e lle apetece.
- Estimulación: xogos de memoria, lectura, conversa sobre recordos e exercicios sinxelos.
- Rutinas e pequenas actividades que dan sentido ao día.
Citas e xestións
Acompañamos ao centro de saúde, ao hospital, ás revisións ou a facer recados e xestións. Se a persoa non precisa un vehículo adaptado, levámola no noso coche.
Coidados temporais
Ás veces a axuda só fai falta unhas semanas: despois dunha operación, dun ingreso no hospital ou dunha caída. Tamén estamos para iso.
- Comezamos en menos de 24 horas.
- O contrato ten a duración que necesites.
- Axudamos co aseo, as mobilizacións e o recordatorio da medicación, e acompañamos ás revisións.
- Se a persoa ten que volver ingresar, o servizo pódese parar sen penalización e retomar despois.
Modalidades
Dende unha hora. O plan axústase ao que necesita cada persoa e pódese cambiar co tempo.
O que non facemos
Para que saibas dende o principio se che podemos axudar:
- Tarefas da casa (limpar, lavar e pasar o ferro, facer a compra ou cociñar).
- Noites, servizo de interna nin acompañamento durante os ingresos no hospital.
- Tarefas sanitarias, que corresponden ao persoal sanitario.
Coidas dunha persoa con Alzheimer, Parkinson ou que pasou un ictus? Mira como coidamos nestes casos →
