Mobilizar con seguridade
Axudar a unha persoa con mobilidade reducida a levantarse, sentarse ou cambiar de postura parece sinxelo, pero facelo mal pode provocar caídas, dores e lesións, tanto na persoa coma en quen coida.
Algúns consellos
- Explica sempre o que ides facer e deixa que a persoa axude todo o que poida.
- Ponte preto dela, coas pernas separadas e as costas rectas: a forza faise coas pernas, non coas costas.
- Para levantarse do sillón, que achegue o corpo cara adiante e apoie ben os pés no chan antes de erguerse.
- Non tires dos brazos nin do pescozo.
- Se a persoa pesa moito ou non pode colaborar, non o fagas só nin soa: pide axuda.
Mobilizar non é só mover: é coidar con seguridade, respecto e coñecemento.
